Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Maraya Zydeko RGMV

10 Maio

Maraya Zydeko RGMV

Maraya Zydeko: acordeón; Michael Lee Wolf: voz, guitarra; Carlos King Bee: batería. Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que dominan o xénero do zydeco, cajun, etc. Segue a provocar grande expectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está loxicamente moi vinculado ao tradicional. A asturiana María Álvarez, instalada en Galicia hai máis dunha década, adaptou a súa técnica virtuosa de acordeón clásico a un bo blues, rock ‘n’ roll e a calquera son zydeco e cajun. O traballo co piar esencial desta banda, o compositor, cantante e guitarrista de Pensilvania Lee Wolfe —que atesoura máis de dúas decenas de gravacións e compartiu escenario con mestres do talle de Sidney J. Wingfield, Ernie Hawkings e Philadelphia Jerry Ricks— permite a concreción dun estilo que se viña xestando en álbums anteriores, como Woody Guthrie Revisited (2009, Quadrant).

Details

Date:
10 Maio
Event Category:
Ir o contido