Ir o contido

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O SONORO MAXÍN

4 Abril/ 08:00 - 17:00

O Sonoro Maxín
Yago Jimmy: batería; Lorena de Vinteún: percusión; Xurxo Brea: baixo, contrabaixo, coros;
Abraham el Niño: guitarras; Ico: acordeón, voz.
O Sonoro Maxín naceu no verán do 2007 grazas a un reencontro de vellos amigos e coñecidos
da música galega que facían parte de Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions.
Compartiron escenario con artistas como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel &
Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes e Tonino Carotone.
O Sonoro Maxín presenta nesta xira o novo disco, A primavera ten que ser nosa; cinco temas
que brindan o entorno propicio para que as sementes comecen a xerminar. Celébranse canto e baile
como formas de loita na busca dun espazo onde o bosque estea permanentemente floreado. A festa
desenvólvese entre músicas e voces do pasado por que estas axuden a albiscar un futuro emocionante e
esperanzador.

Detalles

Data:
4 Abril
Hora:
08:00 - 17:00
Categoría do Evento: