Ir o contido

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Mustélidos + Belém Tajes Trío. RGMV

5 Decembro 2024

É unha das novas voces da canción de autora de Galicia. Conta cunha traxectoria musical
heteroxénea, desde a música tradicional, pasando polo soul, o pop ou mesmo a bossa-
nova. No seu primeiro Ep “Un Mapa” homenaxea á súa terra de nacemento, Bos Aires,
onde escoitamos ritmos arxentinos como a chacarera e o tango. Na súa proposta
mestúranse ritmos galegos e latinos, cun son moi coidado e esencialmente acústico,
abrazando a raíz coa forma de pensar e vivir actual. Tras colaborar en formacións como
Luar na Lubre, Vudú, Xosé Lois Romero e Aliboria, e Moura, ademais de ter colaborado con
importantes bandas a nivel estatal como Vetusta Morla e Fetén Fetén. Belém Tajes
emprende este proxecto como solista no que se fai acompañar de Cibrán Seixo e Nico
Vieites nos directos.

Detalles

Data:
5 Decembro 2024
Categoría do Evento: