Cargando eventos

« Todos os eventos

Red House Revival

18 Decembro

Concerto 5000!!!
♠ Ás 22:00 h: Baker’s Sause Blues Circus
♠ Ás 22:45 h: Red House Revival
Francisco Simón: guitarra solista; Luis Regidor: voz, segunda guitarra; Manuel Bagüés: baixo eléctrico; Pascu
Monge: batería; Manuel Bagüés: baixo eléctrico. (Red House Revival).
Con máis de vinte anos sobre os ombros, Red House remocica, renace con logotipo, ideas, repertorio e voz á fronte
novos. Luis Regidor acompañará a formación capitaneada por Francisco Simón e a súa guitarra.
Francisco Simón, (Madrid, 1963), licénciase en Geografía e Historia vía Universidad Complutense; a súa paixón pola
guitarra lévao a estudar, ademais, Educación del Oído, Armonía e Teoría Musical na Escuela de Música Creativa de
Madrid cunha beca da AIE e, en Estados Unidos, no prestixioso Guitar Institute of Technology de Hollywood,
California, onde obtén o Best Style Award. Realizou numerosas xiras canda artistas nacionais como Duncan Dhu,
Antonio Flores e Miguel Ríos. Traballou con internacionais do talle de Tom Jones, The Blues Brothers, Jerry Lee
Lewis, Willy DeVille e Colin James. Como músico de sesión gravou máis de corenta CD e participou en numerosos
programas de radio, TV, documentais e anuncios. É un reputado produtor.
Luis Regidor, (Cáceres, 1985), foi gañador dun segundo premio na Shure Montreux Jazz Voice Competition no 2011
e semifinalista no 2012, en ámbalas ocasións perante un xurado presidido por Quincy Jones. Nos anos 2010 e 2013
consegue másters en Guitarra Clásica, pola UEX (Universidad de Extremadura) con R. Gallén e pola Robert
Schumann Hochschule für Musik de Düsseldorf (Alemaña) como alumno de J. Clerch respectivamente. Recibe, así
mesmo, clases de música antiga de A. Spiri e dirección de orquestra de R. Bonn. No 2014 acada un Máster en
Contemporary Performance na especialidade de canto moderno no ilustre Berklee College of Music de Valencia. Alí
recibe clases, actúa e grava con J. Limón, V. Mendoza, C. Mur, P. Sambeat, A. Pérez e S. Webber. Asiste a master
classes de J. Blackwell, M. Zenón, D. Pérez, etc. Ten o honor de cantar na cerimonia de investidura de Plácido
Domingo Doctor Honoris Causa polo Berklee College of Music. En calidade de guitarrista clásico, entre outros
premios, logra o segundo no internacional Festival de la Guitarra de Córdoba e o terceiro no Schmolz-Bickenbach de
música de cámara en Alemaña. Ten ofrecido concertos como vocalista, corista, guitarrista eléctrico e clásico (para
música a solo, de cámara e de orquestra) en numerosos países de Europa, USA, Marrocos, Cuba e Ecuador.
Red House Revival segue a sorprendernos co vigor, intensidade e gran categoría das súas actuacións en directo!
Venres 19… Los Revelators. High energy old school rock ‘n’ roll!
Chris Masuak (Radio Birdman): guitarra e voz; Adolfo A. Lombardero, Fito (Los Contentos): baixo; M. C., Bamby
(ídem): batería; Andrés Haensel (Haenselous): teclado.
Indomables guitarras e trepidantes teclados farfisohammonianos alíanse cunha furiosa base rítmica. Cóctel sónico de
garage rock, power punk, surf e psicodelia.

Detalles

  • Data: 18 Decembro
  • Categoría do Evento: