Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Monólogo: Dous Rombos…

2 Outubro

Sergio Alba, presenta o espectáculo de humor “Dous rombos… Pasa para a cama” Un show no que o pasado, estará moi presente. É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor. Asi, nace este espectáculo, coa única pretensión de asomarnos cun sorriso a aquela época na que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor. Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade. Para asistir a este show retro-activo, soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.

Detalles

Data:
2 Outubro
Categoría do Evento:
Ir o contido